viernes, 4 de marzo de 2011

RECURSOS EDUCATIVOS EN INTERNET DA AS-PG

A AS-PG (Asociación Socio-pedagóxica Galega) ten  abertos ao público  os seus portais e-ducando e espazos web de interese socioeducativo .  

Espazos web pretende abordar as  posibilidades educativas e de recursos que se achan en Internet, que  son inmensas, mais chegar a elas non sempre é fácil. Por iso desde a AS-PG nos plantexamos ofrecer un catálogo temático de recursos.

E-ducando  é unha iniciativa que pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis novas ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da Sociedade das súas potencialidades e perigos.

NORABOA POLA NECESARIA E ÚTIL INICIATIVA

DE EDUCACIÓN DIXITAL

 

lunes, 3 de enero de 2011

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO SEN COSTE

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS (I.T.E.)
PRAZO DE PREINSCRICIÓN
COMEZO
DÍA 10 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 12 HORAS
REMATE
DÍA 19 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 14 HORAS
O I.T.E. ofrece sesenta cursos de formación no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación na educación que comezarán o día 22 de febreiro de 2011.